quarta-feira, 25 de maio de 2011

Boletín Oficial do Parlamento de Galicia deste 19 de Maio de 2011, publica actuacións parlamentarias sobre "Picobello Andalucita" dos pasados Abril e Novembro de 2010

O pasado 19 de Maio saía publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia -BOPG, a resposta ás preguntas que no seu día fixeran membros do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia con respecto "as razóns do outorgamento polo Goberno galego de informe de impacto ambiental favorable ao proxecto de explotación mineira". 4. Procedementos de información 4.4. Respostas a preguntas - 08/3PRE-8489(31854)(54174) Grupo...

sexta-feira, 20 de maio de 2011

O pasado 15 de Maio de 2011 fixo un ano desde que se realizara o exitoso Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello - Vídeo - A situación Hoxe

O movimento ecoloxista das comarcas do Baixo e Alto Eume, así como o de Ferrol Terra, mobilizaron-se na defensa das Fragas do Eume e a d'O Pico Vello, así como na defensa do Río Belelle, pois varias das súas fontes estaban en perigo pola ameaza da explotación mineira de Picobello Andalucita SL. Pasados un ano, o intento de explotación mineira, en palabras dos compañeir@s de Fusquenlla está a ponto...

Alternativas económicas á minaría - Presentación de Xoán Ramón Doldán García

O xa pasado 18 Novembro de 2010, tiña lugar unha interesante charla n'As Pontes, en Casa do Peso, sobre "Minaría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversíbeis - Casos: Pico Vello e O Courel". Na citada palestra participaron o Profesor de Economía Aplicada da USC, escritor e activista social Xoán Ramón Doldán García, xunto co activista membro de SOS Courel, Orlando Álvarez, do colectivo que...

segunda-feira, 9 de maio de 2011

Picobello Andalucita nos xulgados

Hai un mes preguntábamosnos nesta páxina se o asunto da mina de andalucita a carón das Fragas do Eume non entrañaría un fraude de incalculábel valor. Onte publicou o BOP un auto no que se anuncia a venda en pública subasta dos dereitos mineiros dos que é titular a empresa executada PICOBELLO ANDALUCITA, S.A., nas 572 pertenzas mineiras da Concesión de explotación “IV SONSOLES” nº 6156. Concesión...

Fraude en Pico Vello?

A continuación transcribimos un artigo de interese publicado na web do Colectivo Fusquenlla: O proxecto mineiro en Pico Vello que a empresa Picobello Andalucita presentou para a explotación deste mineral a carón do parque natural das Fragas do Eume leva camiño de convertirse nun episodio máis da fraudulenta picaresca empresarial á que xa estamos afeitos. Esta empresa de capital surafricano foi...