quarta-feira, 25 de maio de 2011

Boletín Oficial do Parlamento de Galicia deste 19 de Maio de 2011, publica actuacións parlamentarias sobre "Picobello Andalucita" dos pasados Abril e Novembro de 2010

O pasado 19 de Maio saía publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia -BOPG, a resposta ás preguntas que no seu día fixeran membros do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia con respecto "as razóns do outorgamento polo Goberno galego de informe de impacto ambiental favorable ao proxecto de explotación mineira".

4. Procedementos de información

4.4. Respostas a preguntas

- 08/3PRE-8489(31854)(54174)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
María Carmen Gallego Calvar e 3 deputados máis: "Sobre as razóns do outorgamento polo Goberno galego de informe de impacto ambiental favorable ao proxecto de explotación mineira da concesión Sonsoles IV 6156.1, promovida por Picobello Andalucita, S.L., no concello das Pontes de García Rodríguez" Páxina 142986 do citado Boletín.


- 08/3PRE-9130(31855)(54173)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
María Carmen Gallego Calvar e 4 deputados máis: "Sobre as razóns do outorgamento da Declaración de impacto ambiental favorable ao proxecto de explotación mineira da concesión Sonsoles IV 6156.1, promovida por Picobello Andalucita, S.L., no concello das Pontes de García Rodríguez, as súas repercusións no parque natural das Fragas do Eume e a avaliación das afeccións nas canles e nacuífero próximos, así como o cumprimento da lexislaciónlación ambiental". Páxina 142990 do citado Boletín.

Pregunta:

Fonte: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia Número 220 VIII lexislatura 28 de Abril de 2010

Páxinas 84 e 85 do Boletín:

BOPG - 28.04.2010


Resposta:

Fonte: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia Número 473 VIII lexislatura 19 de Maio de 2011

Páxinas da 32 á 39 do Boletín:

BOPG -19.05.2011

__________

sexta-feira, 20 de maio de 2011

O pasado 15 de Maio de 2011 fixo un ano desde que se realizara o exitoso Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello - Vídeo - A situación Hoxe

O movimento ecoloxista das comarcas do Baixo e Alto Eume, así como o de Ferrol Terra, mobilizaron-se na defensa das Fragas do Eume e a d'O Pico Vello, así como na defensa do Río Belelle, pois varias das súas fontes estaban en perigo pola ameaza da explotación mineira de Picobello Andalucita SL.

Pasados un ano, o intento de explotación mineira, en palabras dos compañeir@s de Fusquenlla está a ponto de convertirse nun "fraude de incalculábel valor", pois facían menención a que o "... BOP -publicou- un auto no que se anuncia a venda en pública subasta dos dereitos mineiros dos que é titular a empresa executada PICOBELLO ANDALUCITA, S.A., nas 572 pertenzas mineiras da Concesión de explotación 'IV SONSOLES' nº 6156. Concesión que ten unha duración de 90 anos a contar dende 1973".

"Os motivos desta subasta hai que buscalos na demanda por cuestión de salarios que interpuso D. Pedro Martínez Recio, ex-director xeral da compañía anglo-surafricana. O valor dos bens subastados ascende á cantidade de 45.702.501€".

Agardamos ter novas nos próximos meses ao respecto deste asunto e as súas consecuencias sobre o intento de explotación mineira.

Mentras recordamos o Roteiro neste estupendo documentario curto de Xavier Brisset -8mares.


Roteiro do Pico Vello | 8mares
Cargado por 8mares. - Videos web independentes.

_________________

Alternativas económicas á minaría - Presentación de Xoán Ramón Doldán García

O xa pasado 18 Novembro de 2010, tiña lugar unha interesante charla n'As Pontes, en Casa do Peso, sobre "Minaría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversíbeis - Casos: Pico Vello e O Courel". Na citada palestra participaron o Profesor de Economía Aplicada da USC, escritor e activista social Xoán Ramón Doldán García, xunto co activista membro de SOS Courel, Orlando Álvarez, do colectivo que leva unha importante loita contra as canteiras de lousa que destrúen o medio no Courel.

Pola súa importancia e interese, reproducimos a presentación en formato -pdf, de 24 páxinas do profesor Xoán Ramón Doldán.


[Para acceder á presentación clica acima da imaxe]

[*] Xoán Ramón Doldán García -Ponteceso 1963, é Profesor de Economía Aplicada da USC, escritor e activista social, licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, materia na que tamén se doutorou cunha tese sobre o cómputo dos fluxos materiais, enerxía e auga na industria galega. En 1993 pasou a integrar o Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e Recursos Naturais da universidade compostelá, e as súas investigacións principais centráronse na economía ecolóxica, na contabilización do metabolismo industrial, na economía da enerxía, na economía pesqueira e dos recursos naturais, e na análise input-output. Foi Director Xeral del Instituto Enerxético de Galicia (Inega), co goberno bipartito PSOE-BNG, desde Setembro de 2005 até Xaneiro de 2008, cargo do que dimitiu.
__________

segunda-feira, 9 de maio de 2011

Picobello Andalucita nos xulgados

Hai un mes preguntábamosnos nesta páxina se o asunto da mina de andalucita a carón das Fragas do Eume non entrañaría un fraude de incalculábel valor. Onte publicou o BOP un auto no que se anuncia a venda en pública subasta dos dereitos mineiros dos que é titular a empresa executada PICOBELLO ANDALUCITA, S.A., nas 572 pertenzas mineiras da Concesión de explotación “IV SONSOLES” nº 6156. Concesión que ten unha duración de 90 anos a contar dende 1973

Os motivos desta subasta hai que buscalos na demanda por cuestión de salarios que interpuso D. Pedro Martínez Recio, ex-director xeral da compañía anglo-surafricana. O valor dos bens subastados ascende á cantidade de 45.702.501€.

A empresa de capital anglo-surafricano solicitou nos últimos anos diversas subvencións a cargo da administración pública. Como resultado destas peticións fóronlle concedidas axudas por valor de case 6 millóns de euros sen que ata o momento se constate ningún investimento que as xustifique. Recentemente solicitou unha nova subvención de 7 millóns de euros que lle foi denegada.

A parte vendedora manifesta que a Concesión Mineira IV Sonsoles atópase actualmente gravada por un embargo da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Este proxecto mineiro foi denunciado polos grupos ecoloxistas polo impacto ambiental que ocasionaría nun hábitat de particular valor ambiental a carón das Fragas do Eume. Asemade a concesión mineira outorgada pola administración pública incurría en inumerabeis defectos que motivaron a denuncia das mesmas organizacións ecoloxistas ante a fiscalía de medio ambiente, denuncia que foi admitida a trámite.

Estes feitos veñen a probar a neglixencia que amosan os organismos públicos que non reparan en conceder permisos e subvencións a empresas que non cumpren os requisitos necesarios de solvencia e responsabilidade. Os prexuizos ocasionados por este tipo de comportamento non teñen un custo para os responsablespolíticos que os promoven e, ao final do proceso, somos os ciodadáns os que pagamos cos nosos impostos os desbaraxustes e fraudes realizados por un sector empresarial experto en obter píngües beneficios a costa do erario público.

Máis información na Opinión

Artigo publicado na web do:

Colectivo Fusquenlla

http://sospontedeume.com
fusquenlla@sospontedeume.com
_________

Fraude en Pico Vello?

A continuación transcribimos un artigo de interese publicado na web do Colectivo Fusquenlla:

O proxecto mineiro en Pico Vello que a empresa Picobello Andalucita presentou para a explotación deste mineral a carón do parque natural das Fragas do Eume leva camiño de convertirse nun episodio máis da fraudulenta picaresca empresarial á que xa estamos afeitos.

Esta empresa de capital surafricano foi beneficiada pola administración con diversas subvencións que acadaron a escandalosa cifra de case 6 millons de euros dende o ano 2000. Estas axudas creadas para o desenvolvemento de zonas afectadas pola crise mineira foron outorgadas a pesares da dubidosa solvencia económica da empresa e de que o seu proxecto fora rexeitado polo anterior goberno da Xunta. Recentemente a mesma sociedade solicitou unha nova subvención de 7 millóns de euros con cargo ás axudas que o Estado concederá ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal no ano 2011 para a súa reindustrialización. Máis chamativo é o impacto social do proxecto: creación de 12 postos de traballo.

Agora é o alcalde de As Pontes, quen sempre se sentíu encantado de apoiar este proxecto depredador dun espazo natural, o que desconfía das verdadeiras intencións da empresa surafricana. Valentín González Formoso, asegura que a mina que a empresa Picobello Andalucita SL promove na parroquia de Goente “é ata agora un proxecto pois nin hai investidores nin parece que vaian aparecer segundo vai pasando o tempo”, segundo declaracións do rexedor no encontro dixital organizado polo xornal "La Opinión".

Sería lamentábel contemplar como diñeiro público pasa a mans de empresarios sen a necesaria solvencia económica para desenvolver proxectos empresariais. Uns proxectos que, amais de perniciosos para o medio ambiente, son unha tapadeira para conseguir fraudulentamente subvencións que non revirten na creación de riqueza e progreso social. Urxe reclamar á administración pública un seguimento das subvencións concedidas  e a devolución destas se se comproba que non tiveron o destino previsto para o que foron creadas. As organizacións ecoloxistas que no seu día nos opuxemos; á mina de andalucita dabamos conta das innumerables irregularidades que se deixaban entrever neste proxecto. Quizais teñamos que empezar a sopesar a idea dun posíbel fraude económico.

Ler aquí unha reflexión sobre Pico Vello e fondos públicos recollida nesa páxina do Colectivo.
Colectivo Fusquenlla http://sospontedeume.com fusquenlla@sospontedeume.com ______________