sexta-feira, 20 de maio de 2011

Alternativas económicas á minaría - Presentación de Xoán Ramón Doldán García

O xa pasado 18 Novembro de 2010, tiña lugar unha interesante charla n'As Pontes, en Casa do Peso, sobre "Minaría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversíbeis - Casos: Pico Vello e O Courel". Na citada palestra participaron o Profesor de Economía Aplicada da USC, escritor e activista social Xoán Ramón Doldán García, xunto co activista membro de SOS Courel, Orlando Álvarez, do colectivo que leva unha importante loita contra as canteiras de lousa que destrúen o medio no Courel.

Pola súa importancia e interese, reproducimos a presentación en formato -pdf, de 24 páxinas do profesor Xoán Ramón Doldán.


[Para acceder á presentación clica acima da imaxe]

[*] Xoán Ramón Doldán García -Ponteceso 1963, é Profesor de Economía Aplicada da USC, escritor e activista social, licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, materia na que tamén se doutorou cunha tese sobre o cómputo dos fluxos materiais, enerxía e auga na industria galega. En 1993 pasou a integrar o Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e Recursos Naturais da universidade compostelá, e as súas investigacións principais centráronse na economía ecolóxica, na contabilización do metabolismo industrial, na economía da enerxía, na economía pesqueira e dos recursos naturais, e na análise input-output. Foi Director Xeral del Instituto Enerxético de Galicia (Inega), co goberno bipartito PSOE-BNG, desde Setembro de 2005 até Xaneiro de 2008, cargo do que dimitiu.
__________

Nenhum comentário:

Postar um comentário