segunda-feira, 9 de maio de 2011

Picobello Andalucita nos xulgados

Hai un mes preguntábamosnos nesta páxina se o asunto da mina de andalucita a carón das Fragas do Eume non entrañaría un fraude de incalculábel valor. Onte publicou o BOP un auto no que se anuncia a venda en pública subasta dos dereitos mineiros dos que é titular a empresa executada PICOBELLO ANDALUCITA, S.A., nas 572 pertenzas mineiras da Concesión de explotación “IV SONSOLES” nº 6156. Concesión que ten unha duración de 90 anos a contar dende 1973

Os motivos desta subasta hai que buscalos na demanda por cuestión de salarios que interpuso D. Pedro Martínez Recio, ex-director xeral da compañía anglo-surafricana. O valor dos bens subastados ascende á cantidade de 45.702.501€.

A empresa de capital anglo-surafricano solicitou nos últimos anos diversas subvencións a cargo da administración pública. Como resultado destas peticións fóronlle concedidas axudas por valor de case 6 millóns de euros sen que ata o momento se constate ningún investimento que as xustifique. Recentemente solicitou unha nova subvención de 7 millóns de euros que lle foi denegada.

A parte vendedora manifesta que a Concesión Mineira IV Sonsoles atópase actualmente gravada por un embargo da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Este proxecto mineiro foi denunciado polos grupos ecoloxistas polo impacto ambiental que ocasionaría nun hábitat de particular valor ambiental a carón das Fragas do Eume. Asemade a concesión mineira outorgada pola administración pública incurría en inumerabeis defectos que motivaron a denuncia das mesmas organizacións ecoloxistas ante a fiscalía de medio ambiente, denuncia que foi admitida a trámite.

Estes feitos veñen a probar a neglixencia que amosan os organismos públicos que non reparan en conceder permisos e subvencións a empresas que non cumpren os requisitos necesarios de solvencia e responsabilidade. Os prexuizos ocasionados por este tipo de comportamento non teñen un custo para os responsablespolíticos que os promoven e, ao final do proceso, somos os ciodadáns os que pagamos cos nosos impostos os desbaraxustes e fraudes realizados por un sector empresarial experto en obter píngües beneficios a costa do erario público.

Máis información na Opinión

Artigo publicado na web do:

Colectivo Fusquenlla

http://sospontedeume.com
fusquenlla@sospontedeume.com
_________

Nenhum comentário:

Postar um comentário