Entrevista en Rádio Fusión a Fernado Rodríguez Lamela
Audio en formato mp3:
Almudena Marcos e Fernando Rodriguez Lamela, da SGHN, falan da protesta contra a explotación de andalucita na zona.
... O roteiro convocado para o vindeiro sábado terá carácter formativo, á vez que reivindicativo. Segundo explicou a Radiofusión Fernando Rodríguez Lamela, membro da Sociedade Galega de Historia Natural, o percorrido realizarase sobre pistas e sendeiros nos que "os participantes poderán coñecer a fraga de Pico Vello, os aspectos xeolóxicos do xacemento, as afeccións da entulleira sobre os ríos, a fauna e a flora da zona, así coma outros aspectos etnográficos". Ao remate, xa pola tarde, os participantes terán oportunidade de visitar o Museo Etnográfico da Capela.
Dende que se publicou no DOG, o pasado 11 de marzo, o Estudo de Impacto Ambiental do proxecto, as organizacións ecoloxistas que se opoñen á explotación do xacemento de andalucita nas Pontes non cesan no seu empeño de paralizalo. Primeiro denunciaron, perante a Fiscalía de Medio Ambiente, a aprobación do Estudo de Impacto Ambiental "por irregularidades no proceso de tramitación", para logo iniciar contactos cos distintos Concellos da bisbarra para recabar o apoio das Corporacións Locais. O obxectivo final é protexer a zona, conquerindo a declaración de Espazo Natural Protexido ou promovendo a súa inclusión no Parque Natural das Fragas do Eume. ...
Fonte: radiofusion.eu
______________________
quarta-feira, 12 de maio de 2010
Entrevista a Fernado Rodríguez Lamela, da SGHN, en Radio Fusión
Marcadores:
Entrevistas,
Roteiro do 15 de Maio de 2010
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário