
terça-feira, 14 de junho de 2011
"Picobello Andalucita" moi nomeada nun interesante e actual informe de conxuntura mineira sobre a andaluzita

"Se logramos completar o investimento nos próximos 90 días [xullo 2011], poderiamos estar en produción a mediados de 2012", Isti de Ujfalussy, presidente da "Picobello Andalucita", revelou ao IM -Industrial Minerals. Esta é unha das afirmacións que aparecen no seguinte informe de conxuntura sobre a andaluzita no mundo que publicamos no noso Blogue.
"Industrial Minerals" publica un Informe, a finais...
quarta-feira, 25 de maio de 2011
Boletín Oficial do Parlamento de Galicia deste 19 de Maio de 2011, publica actuacións parlamentarias sobre "Picobello Andalucita" dos pasados Abril e Novembro de 2010

O pasado 19 de Maio saía publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia -BOPG, a resposta ás preguntas que no seu día fixeran membros do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia con respecto "as razóns do outorgamento polo Goberno galego de informe de impacto ambiental favorable ao proxecto de explotación mineira".
4. Procedementos de información
4.4. Respostas a preguntas
- 08/3PRE-8489(31854)(54174)
Grupo...
sexta-feira, 20 de maio de 2011
O pasado 15 de Maio de 2011 fixo un ano desde que se realizara o exitoso Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello - Vídeo - A situación Hoxe
O movimento ecoloxista das comarcas do Baixo e Alto Eume, así como o de Ferrol Terra, mobilizaron-se na defensa das Fragas do Eume e a d'O Pico Vello, así como na defensa do Río Belelle, pois varias das súas fontes estaban en perigo pola ameaza da explotación mineira de Picobello Andalucita SL.
Pasados un ano, o intento de explotación mineira, en palabras dos compañeir@s de Fusquenlla está a ponto...
Alternativas económicas á minaría - Presentación de Xoán Ramón Doldán García

O xa pasado 18 Novembro de 2010, tiña lugar unha interesante charla n'As Pontes, en Casa do Peso, sobre "Minaría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversíbeis - Casos: Pico Vello e O Courel". Na citada palestra participaron o Profesor de Economía Aplicada da USC, escritor e activista social Xoán Ramón Doldán García, xunto co activista membro de SOS Courel, Orlando Álvarez, do colectivo que...
segunda-feira, 9 de maio de 2011
Picobello Andalucita nos xulgados

Hai un mes preguntábamosnos nesta páxina se o asunto da mina de andalucita a carón das Fragas do Eume non entrañaría un fraude de incalculábel valor. Onte publicou o BOP un auto no que se anuncia a venda en pública subasta dos dereitos mineiros dos que é titular a empresa executada PICOBELLO ANDALUCITA, S.A., nas 572 pertenzas mineiras da Concesión de explotación “IV SONSOLES” nº 6156. Concesión...
Fraude en Pico Vello?

A continuación transcribimos un artigo de interese publicado na web do Colectivo Fusquenlla:
O proxecto mineiro en Pico Vello que a empresa Picobello Andalucita presentou para a explotación deste mineral a carón do parque natural das Fragas do Eume leva camiño de convertirse nun episodio máis da fraudulenta picaresca empresarial á que xa estamos afeitos.
Esta empresa de capital surafricano foi...
quinta-feira, 24 de março de 2011
As cores da luita
"As cores da luita" catro instantáneas co motivo dunhas faixas que se colocaron denunciando o intento de expotación da mina na Fraga d'O Pico Vello - 23 de Marzo de 2011
ala!! máis cores para o blog!! estas fotos foron feitas hoxe unha en San Marcos (concello de Cabanas) e outra en Neda
saúde e terra
Elena Ärtäbräelenuli@hotmail.com23 de março de 2011 17:29-------...
quarta-feira, 23 de fevereiro de 2011
Publicado na Rede o documentario "minar" - Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita n'O Pico Vello

Minar, é unha curtametraxe-documentario, sobre as consecuencias da proxectada explotación mineira, por parte da empresa de capital anglo-sudafricano "Picobello Andalucita SL", n'As Pontes, no lugar d'O Pico Vello.
"Minar"
-v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco-
Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita n'O Pico Vello.
Un documentario realizado por: Nuria Fernández Brage, Begoña...
segunda-feira, 21 de fevereiro de 2011
O documentario "Minar" -Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita en Pico Vello, foi presentado en Ferrol

O pasado Xoves 10 de Febreiro de 2011, presentaron en Ferrol, o documentario "Minar": unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita de Pico Vello.
Na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, foi presentada a curtametraxe-documentario, sobre as consecuencias da proxectada explotación mineira, por parte da empresa de capital anglo-sudafricano "Picobello Andalucita SL", n'As Pontes,...
sábado, 19 de fevereiro de 2011
"Unha mina en Pico Vello", é o título do programa emitido por "El escarabajo verde" - en "La 2" de TVE - Video

O pasado Venres 18 de Febreiro de 2011, o programa, de "La2" da TVE, "El escarabajo verde", emitía un documentario, de 30 minutos, que estiveron rodando pola comarca do baixo Eume hai uns días. O documentario recolle as opinións dos alcaldes máis próximos á zona afectada pola proxectada explotación mineira e membros de varios dos colectivos opositores a que desapareza o espazo natural da Fraga d'O...
quinta-feira, 17 de fevereiro de 2011
O próximo Venres 18 de Febreiro, ás 6 da tarde, o programa "El Escarabajo Verde" de "La 2 de TVE", emite unha reportaxe sobre o proxecto de explotación mineira en Pico Vello

Reportaxe no programa "El Escarabajo Verde" (La 2 de TVE) sobre Pico Vello
Unha mina en Pico Vello
O próximo venres 18 de febreiro, ás 18:00 hs, o programa "El Escarabajo Verde" de "La 2 de TVE" emite unha reportaxe sobre o proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes) na que participaron membros de diferentes colectivos ecoloxistas opostos ao proxecto. O programa repetiráse o domingo...
terça-feira, 8 de fevereiro de 2011
Presentación en Ferrol, este Xoves 10 de Febreiro, do documentario "Minar": unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita de Pico Vello

Este Xoves, 10 de Febreiro de 2011, ás 19:30 horas, presentara-se na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, unha curtametraxe-documentario, sobre as consecuencias da proxectada explotación mineira, por parte da empresa de capital anglo-sudafricano "Picobello Andalucita SL", n'As Pontes, no lugar d'O Pico Vello.
O documentario leva por título "Minar"
-v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco-
Unha...
quarta-feira, 2 de fevereiro de 2011
Pico Vello e fondos públicos

Hoxe volve a ser nova a mina de andalucita en Pico Vello (As Pontes), exemplo perfecto do relato arquetípico de saqueo, destrución e malgasto, ao continuar co patrón usual de agravios contra o entorno natural que estragaría, e contra o sistema público administrativo, neste caso no tocante á financiación, sempre maleábel ante a cuestión privada. A nova non é outra que a solicitude por parte da empresa...
Marcadores:
Pico Vello e fondos públicos
Charla en Pontedeume o 3 de Febreiro: Mineiría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversibles: O Pico Vello

O vindeiro Xoves 3 de Febreiro, ás 8 da Tarde, vai ter lugar unha charla no concello de Pontedeume, no Centro de Maiores, sobre "Mineiría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversibeis - Casos: Pico Vello e O Courel"
Participarán na Palestra:
Ernesto Lópes Dias -Nes, activista de ADEGA
Xosé Antón Marcal Carracedo, Axente de Conservación da Natureza
Organizada por: Asociacion para a...
segunda-feira, 10 de janeiro de 2011
O Río Eume e todo o ecosistema das Fragas do Eume vense de novo ameazados - Río Eume: 50 anos de secuestro - Atentado ecolóxico - Vídeo
Secuestro do Río Eume
Boas tardes.
Fixen un vídeo sobre o secuestro que padece o río eume nun treito de máis de 3km. Xa sei que non é un tema novo e está en coñecemento de todos vostedes, pero comunícome pra ofrecelo como aporte técnico a calquera das súas demandas (dado o proceso xudicial aberto contra ENDESA).
Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=RagbYE_QuuU
O Río Eume e todo o ecosistema das Fragas do Eume vense de novo ameazados.
Pese a que a Xunta mantén que os niveles de PH son os correctos,...
terça-feira, 16 de novembro de 2010
Charla n'As Pontes o 18 de Novembro: Mineiría e impactos Socioeconómicos

O vindeiro Xoves 18 de Novembro, ás 8 da Tarde, vai ter lugar unha charla no concello d'As Pontes, en Casa do Peso, sobre "Mineiría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversibeis - Casos: Pico Vello e O Courel"
Participaran na Palestra:
Xoán Ramón Doldan, Professor de Economia Aplicada da USC
Orlando Álvarez, de SOS Courel
Organizada por: ADEGA, AMAL, Clube Montaña Ferrol, Colectivo...
domingo, 7 de novembro de 2010
Pico Vello: A Xunta de Galicia omitiu información na Declaración de Impacto Ambiental

Oito meses despois da publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de explotación mineiro en Pico Vello (As Pontes), a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está a modificala co obxectivo, segundo afirma este organismo, de “incluir as prescricións necesarias para garantir a correcta avaliación dos efectos da explotación sobre os aspectos plantexados no recurso...
terça-feira, 21 de setembro de 2010
A ReVolta Ciclista - Loitas en Altatensión queren saber da loita de Pico Vello

O 7 de Xullo deste ano, 2010, andivo por acá a Bicicaravana en Defensa da Terra que participaban nunha protesta contra dunha instalción da Shell na Irlanda, no condado de Mayo. Esta xente veu coñecer tamén a problemática ambiental da Galiza, entre as que estaba o asunto da pretendida explotación dunha mina de andalucita na Fraga do Pico Vello.
A empresa Picobello Andalucita S.L. pretende escavar...
terça-feira, 17 de agosto de 2010
De Pontedeume ás Pontes por terras liberadas...da mina de andalucita

Por Marcos Loureiro Díaz [*]
É de sobra coñecido que a dominación económica da nosa nación por parte do Estado Español pode adoptar diversas formas en función de cal lle achegue maior beneficio. Mais no que se refire á obtención de recursos do noso medio sempre se repite un mesmo esquema: a depredación, a espoliación e a explotación.
Imos amosar como se efectiviza este esquema na comarca do Eume...
segunda-feira, 9 de agosto de 2010
Publicamos un video realizado por Xavier Brisset, sobre O Pico Vello

Trata-se dun video de pouco máis de 6 minutos, realizado no transcurso do Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello do pasado 15 de Maio, onde participaron máis dun cento de persoas. O traballo, realizado por "8mares" -Xavier Brisset, amosa-nos uns detalles do espazo natural que a explotación mineira de Picobello Andalucita SL, de levar-se adiante, sen dúvida destruiría. Varios protagonista da marcha explican-nos,...
Marcadores:
Video,
Xavier Brisset Martín
quinta-feira, 15 de julho de 2010
Unha mina ao descuberto ameaza Pico Vello

O xornal estatal de actualidade crítica "Diagonal", publica no número 130 da súa edición en papel impreso, e na edición dixital na rede, un interesante artigo sobre a ameaza da explotación mineira na Fraga d'O pico Vello. A continuación transcribimos o citado artigo.
Diagonal
GALIZA // OS ECOLOXISTAS LEVAN Á FISCALÍA O ESTUDO DE IMPACTO
Guadalupe Rodríguez (Salva a Selva) / A Coruña
Xoves, 15 de...
Marcadores:
Unha mina ao descuberto ameaza Pico Vello
Assinar:
Postagens (Atom)