segunda-feira, 21 de fevereiro de 2011

O documentario "Minar" -Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita en Pico Vello, foi presentado en Ferrol

O pasado Xoves 10 de Febreiro de 2011, presentaron en Ferrol, o documentario "Minar": unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita de Pico Vello.

Na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, foi presentada a curtametraxe-documentario, sobre as consecuencias da proxectada explotación mineira, por parte da empresa de capital anglo-sudafricano "Picobello Andalucita SL", n'As Pontes, no lugar d'O Pico Vello.

O documentario leva por título "Minar"
-v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco-

Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita en Pico Vello.

Está realizado por:

Nuria Fernández Brage, Begoña Maira Benitez, Elena Carquijero López, Lucas Rei Seoane, Iago Montes Martínez, Teresa Sebio Puñal, Braulio Rodríguez Zas, Estefanía Doce Fernández, Amador Ferreiro Álvarez, Fernando Ocampo Montesinos e Luis Filgueira Painceiras.

Coordenado por: Adriana Leira.

Organiza: ACSUR As Segovias
co a colaboración de: Fuco Buxán A.C.

O Pico Vello, publicou un sitio específico na rede:

http://minar-pico-vello.blogspot.com/
___________________

sábado, 19 de fevereiro de 2011

"Unha mina en Pico Vello", é o título do programa emitido por "El escarabajo verde" - en "La 2" de TVE - Video

O pasado Venres 18 de Febreiro de 2011, o programa, de "La2" da TVE, "El escarabajo verde", emitía un documentario, de 30 minutos, que estiveron rodando pola comarca do baixo Eume hai uns días. O documentario recolle as opinións dos alcaldes máis próximos á zona afectada pola proxectada explotación mineira e membros de varios dos colectivos opositores a que desapareza o espazo natural da Fraga d'O Pico Vello.

A continuación presentamos o documentario emitido:



Unha mina en Pico Vello - 1 de 2



Unha mina en Pico Vello - 2 de 2



Fonte: http://www.youtube.com/user/galeguia

Enlace co documentario orixinal:
http://www.rtve.es/mediateca/videos/20110218/escarabajo-verde---mina-pico-vello/1023963.shtml

A andalucita é un mineral pouco coñecido, pero hai certas cantidades na Galiza. Unha empresa mineira pretende explotar desde fai anos un xacemento de andalucita no municipio d'As Pontes, n'A Coruña. Aínda que os trámites avanzan na administración, a oposición sobre o terreo faise oír.

"El escarabajo verde" visita esta semana o Parque Natural das Fragas do Eume e a súa contorna. O motivo é coñecer se ese proxecto de mina de andalucita que pende a 50 metros dos límites do parque pode supor unha ameaza ambiental. Integrada por máis dunha decena de entidades ecoloxistas e veciñais, a Plataforma en defensa de Pico Vello -o lugar onde se instalaría a mina, insiste en que hai irregularidades no proxecto e na Declaración de Impacto Ambiental.

A Declaración de Impacto Ambiental do proxecto da mina, xa foi modificada ante as alegacións que recibiu con anterioridade. A máis importante era a inclusión de 40 hectáreas de terreos da mina no parque natural. Aínda así, xorde outra incógnita: como afectaría a mina á conca fluvial do Belelle, que nace en Pico Vello e que abastece de auga de boca a varios municipios augas abaixo.

No seu percorrido pola zona, "El escarabajo verde" descubrirá que non todos ven o proxecto cos mesmos ollos. Mentres que o municipio d'As Pontes, de clara vontade industrial, asumiríao polo desenvolvemento que achegaría ao pobo, o municipio veciño, A Capela, cunha aposta polos valores naturais e principal receptor da auga do Belelle, non quere nin oír falar diso. .

Un documental de Elisabeth Anglarill
Imaxe: Juan Baño
Son: Xavi Pedro
Montaxe: Enric Ferrés

"El escarabajo verde"
O programa semanal de documentais de medio ambiente da "La2" de TVE que dirixe Mario de La Mano, produce Amalia León e presenta Elisabeth Anglarill.

Estamos con tod@s vós cada Venres, ás 18:00, e cada domingo, ás 13:45, en "La2" de TVE.

Fonte: http://www.rtve.es/television/20110216/escarabajo-verde-mina-pico-vello/408238.shtml
______________________

quinta-feira, 17 de fevereiro de 2011

O próximo Venres 18 de Febreiro, ás 6 da tarde, o programa "El Escarabajo Verde" de "La 2 de TVE", emite unha reportaxe sobre o proxecto de explotación mineira en Pico Vello


Reportaxe no programa "El Escarabajo Verde" (La 2 de TVE) sobre Pico Vello

Unha mina en Pico Vello

O próximo venres 18 de febreiro, ás 18:00 hs, o programa "El Escarabajo Verde" de "La 2 de TVE" emite unha reportaxe sobre o proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes) na que participaron membros de diferentes colectivos ecoloxistas opostos ao proxecto. O programa repetiráse o domingo 20 de febreiro ás 13:45 h. en "La 2 de TVE", e estará dispoñible na web a partir do luns 21 de febreiro.

No pasado mes de marzo de 2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental aprobou a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de explotación mineira promovido por Picobello Andalucita, SL. No mes de novembro do mesmo ano, o Secretario Xeral, tralas denuncias presentadas, recoñeceu os erros existentes na DIA. Na actualidade, o proxecto non conta todavía cos permisos definitivos por parte da Consellería de Economía e Industria, pero a empresa segue a demandar diñeiro público: solicitou recentemente 7 millóns de euros ao Plan Ferrol.

A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume, e constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros. O monte Fontardión, ao pé do cal se atopa Pico Vello, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...). Non hai que esquecer que o proxecto afectaría tamén ó Parque Natural Fragas do Eume, dado que a entulleira situaríase xusto sobre rego Maciñeira, afluente do río Eume, principal cauce que percorre o Parque Natural, o que suporía unha grave contaminación, por lixiviacións, escorreduras, etc.

Tal e como denunciamos na reportaxe de "El Escarabajo Verde", autorizar esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.

Elena Ärtäbrä
-elenuli@hotmail.com-
16 de fevereiro de 2011 21:20
____________

Enlaces relacionados:

terça-feira, 8 de fevereiro de 2011

Presentación en Ferrol, este Xoves 10 de Febreiro, do documentario "Minar": unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita de Pico Vello

Este Xoves, 10 de Febreiro de 2011, ás 19:30 horas, presentara-se na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, unha curtametraxe-documentario, sobre as consecuencias da proxectada explotación mineira, por parte da empresa de capital anglo-sudafricano "Picobello Andalucita SL", n'As Pontes, no lugar d'O Pico Vello.

O documentario leva por título "Minar"
-v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco-

Unha reflexión sobre as consecuencias da mina de andalucita en Pico Vello.

Un documentario realizado por:

Nuria Fernández Brage, Begoña Maira Benitez, Elena Carquijero López, Lucas Rei Seoane, Iago Montes Martínez, Teresa Sebio Puñal, Braulio Rodríguez Zas, Estefanía Doce Fernández, Amador Ferreiro Álvarez, Fernando Ocampo Montesinos e Luis Filgueira Painceiras.

Coordenado por: Adriana Leira.

Organiza: ACSUR As Segovias
Colabora: Fuco Buxán A.C.

Na presentación Curtametraxe - Documentario: Minar, realizara-se unha charla debate coa participación de:

Begoña Maira Benitez (Realizadora) que presentará o acto no que intervirán

  • Manuel A.Rodriguez Carballeira "Lalán" (A.C.Fuco Buxán)
  • Begoña Filgueira (ACSUR)
  • Mónica Arto Blanco (Verdegaia)
  • Antón Marcal Carracedo (AMAL)
Nuria Fernández
-nfbrage@gmail.com
7 de fevereiro de 2011 11:02
__________________

quarta-feira, 2 de fevereiro de 2011

Pico Vello e fondos públicos

Hoxe volve a ser nova a mina de andalucita en Pico Vello (As Pontes), exemplo perfecto do relato arquetípico de saqueo, destrución e malgasto, ao continuar co patrón usual de agravios contra o entorno natural que estragaría, e contra o sistema público administrativo, neste caso no tocante á financiación, sempre maleábel ante a cuestión privada. A nova non é outra que a solicitude por parte da empresa dunha subvención de 7 millóns de euros, para a creación dun proxecto que produciría 12 postos de traballo, hoxe que todo é lexitimábel e cuantificábel polo número postos de traballo. Fagamos un breve resumo da particular historia deste proxecto, paradigma dun sistema estruturado en base á interacción goberno-empresas, universidade-empresas que conta, lembremos, con moitos máis casos cuestionabeis que o que aquí presentamos a modo de exemplo.
  • A mina de Andalucita correspóndese cun proxecto presentado á Xunta de Fraga, non autorizado posteriormente por Medio Ambiente na era de Pachi Vázquez por invadir o Parque Natural das Fragas. A empresa modifica as dimensións da actuación e mantén unha franxa de 50 metros co Parque Natural, á cal Medio Ambiente da o visto bo nos informes, anque durante o resto da lexislatura se mantén o silencio administrativo para o resto de autorizacións, non quedando nin denegada nin autorizada a explotación. As autoridades prefiren esperar e meter o proxecto no caixón: hai protestas e intereses electorais.

  • A empresa, de capital e padroado foráneo anglo-surafricano, solicitara e se lle concedera no ano 2000 unha subvención de 6,3 millóns (o 33% da inversión) de euros para crear 33 postos de traballo, previamente a coñecerse se o proxecto podía ser autorizábel, mostra da sofisticación burocrática das administracións, capaces de denegar proxectos pero seguir financiándoos. A principios de ano, diferentes comunicados na prensa da empresa falaban de entre 50 e 60 postos de traballo directo e 200 indirectos (ver El Progreso). Hoxe volven a ser nova porque solicitan outra subvención de 7 millóns para crear 12 postos de traballo. A cifra de emprego sofre misteriosas mermas conforme pasan os anos, namentres o interese xeral sempre aludido por autoridades e patróns nunca declina.

  • A actual Xunta de Feijóo retoma os trámites e atende ante as presións da empresa. Autorízase ambientalmente a explotación a pesar de que desvelado o informe medioambiental non se menciona nin sequera o posíbel impacto sobre as Fragas do Eume dunha explotación mineira a ceo aberto que fará descansar as entulleiras sobre o río Maciñeira, afluente do Eume. ¿Como obtén a empresa un informe de impacto ambiental favorábel? O informe é elaborado á medida da empresa, xa que é a propia empresa a que encarga e paga o informe. Neste caso recórrese, como xa fixera Endesa co lago artificial, aos recursos científicos e mercantís dun departamento da Universidade de Santiago de Compostela, que estabelece un prezo aos servizos prestados de 9.333,33 euros no seu Consello de Goberno do 13 de Marzo do 2007. O coordinador do obxectivo estudo científico é Felipe Macías Vázquez, do Instituto Tecnolóxico da USC, o mesmo que emite informes a medida para a realización por parte de Endesa do lago artificial. As prebendas son plausíbeis no caso de Picobello SL; cando remate a explotación da mina será con probabilidade o vindeiro autor do informe preciso para encher o novo oco con auga. A empresa fala nos medios de que conta co “aval da USC”, nunca mellor dito.

  • A fiscalía admite as protestas dos ecoloxistas e inicia as investigacións oportunas. A explotación incumpriu os prazos máximos de tramitación de 12 meses que fixa Lei 3/2008 de Ordenación dá Minería en Galiza (38 meses), polo que se lle denega a autorización por silencio administrativo, e incumpre o Real Decreto 1/2008 da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental por omitir os efectos sobre a cunca do Belelle que abastece de auga a Ferrol, Cabanas, Fene, Neda e A Capela e non propór alternativas á localización da entulleira sobre o Maciñeira. Incumpre ademais a superficie mínima de cuadrículas requirida pola Lei de Minería de 1973, e a presenza do Parque Natural fai imposíbel o axeitamento a dita lei (máis información aquí cunha lista completa das irregularidades).

Temos un sistema administrativo no que este tipo de agresións ao medio son toleradas, auspiciadas e fomentadas pola propia dirección política das institucións e as universidades públicas. O saqueo das arcas públicas é continuo, retrásase a idade de xubilación namentres o conxunto de empresas do país ou foráneas acceden a fondos públicos sen retorno para estabelecer os seus proxectos empresariais. Neste caso trátase 12 postos de emprego durante os 12 anos de explotación da mina e unha recente subvención que de producirse acadará xa a cifra de 13,3 millóns de euros de orixe pública. Con eses cartos o estado ten dúas opcións: pagar o soldo de 2000 euros de 12 traballadores durante 46 anos para a conservación e repoboación do parque natural, ou concederllos a un ente privado para que subempregue a eses 12 traballadores durante 12 anos e marche cos beneficios e os cartos públicos namentres nós quedamos cun buraco quilométrico e unhas Fragas do Eume contaminadas e arruinadas pola insensibilidade dos xestores políticos, enmascaradora sempre dunha consciente ideoloxía privatizadora e caritativa cos intereses empresariais particulares como garantes do benestar social verdadeiro e como manutención da clase social máis vencellada ao entorno do xestor dos fondos públicos. Hai que parar a mina de Pico Vello en particular, e hai que acabar cunha lexislación que permite, salvo protestas cidadáns, o saqueo do entorno natural e do ben público en aras, sexa a contradición moi destacada, do ben público.

Publicado por Fusquenlla no sitio de GNSV o 13 de Xaneiro de 2011

Sitio na rede do Colectivo Fusquenlla
http://sospontedeume.com/
_________________

Charla en Pontedeume o 3 de Febreiro: Mineiría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversibles: O Pico Vello


O vindeiro Xoves 3 de Febreiro, ás 8 da Tarde, vai ter lugar unha charla no concello de Pontedeume, no Centro de Maiores, sobre "Mineiría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversibeis - Casos: Pico Vello e O Courel"

Participarán na Palestra:
  • Ernesto Lópes Dias -Nes, activista de ADEGA
  • Xosé Antón Marcal Carracedo, Axente de Conservación da Natureza 
Organizada por: Asociacion para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociaçom de Montanha Augas Limpas (AMAL), Clube Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Fusquenlla, Comité pola Defensa das Rías Altas, Coordenada 00°00'00" Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Guerrilleiros d'As Fragas, Grupo Naturalista Hábitat, Lapis Verdes, Blogue Lapis Verdes, Néboa Medio Ambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de História Natural (SGHN).

Máis información:
http://picovello.blogspot.com/

Información baseada na enviada por:
Ernesto Lopes Dias Nes
-lodergz@gmail.com-
29 de janeiro de 2011 22:06
http://osoutodeadega.blogspot.com/
______________________

segunda-feira, 10 de janeiro de 2011

O Río Eume e todo o ecosistema das Fragas do Eume vense de novo ameazados - Río Eume: 50 anos de secuestro - Atentado ecolóxico - Vídeo

Secuestro do Río Eume

Boas tardes.

Fixen un vídeo sobre o secuestro que padece o río eume nun treito de máis de 3km. Xa sei que non é un tema novo e está en coñecemento de todos vostedes, pero comunícome pra ofrecelo como aporte técnico a calquera das súas demandas (dado o proceso xudicial aberto contra ENDESA).




O Río Eume e todo o ecosistema das Fragas do Eume vense de novo ameazados.

Pese a que a Xunta mantén que os niveles de PH son os correctos, todavía é visibel a escuma característica do sulfato de ferro, procedente dos balados da autovía AG-64, Ferrol-Vilalba. O ecosistema das Fragas do eume está en perigo. Coa enchente do lago artificial de Endesa (cun sustento inestábel tectónicamente),o gaseoducto que atravesa as Fragas de punta a punta, os verquidos incontrolados, a próxima mina de andalucita, a seca do seu cauce... Estamos a presenciala morte do bosque atlántico mellor conservado da Europa. Somos cómplices da súa destrucción. Non consintamos máis agresións.

Xa foi posto en coñecemento de AEMS, Ríos con Vida e agardo que sirva tamén de axuda aos vosos colectivos. Ainda que non son socio, nin participo activamente en ningunha das súas organizacións, sí son coñecedor dos éxitos das súas reivindicacións, por exemplo, no que atinxe á paralización da mina de andalucita.

Se queren contar co vídeo a alta calidade non tería inconvinte en mandarllo a quen o quixer.

Grazas pola súa atención.

Saúde.

Jose Cabalar
Tlf. 699 883 503

Jose Cabalar - Fotógrafo
-josecabalar@gmail.com-
1 de dezembro de 2010 18:39
______________________

terça-feira, 16 de novembro de 2010

Charla n'As Pontes o 18 de Novembro: Mineiría e impactos Socioeconómicos


O vindeiro Xoves 18 de Novembro, ás 8 da Tarde, vai ter lugar unha charla no concello d'As Pontes, en Casa do Peso, sobre "Mineiría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversibeis - Casos: Pico Vello e O Courel"

Participaran na Palestra:
  • Xoán Ramón Doldan, Professor de Economia Aplicada da USC
  • Orlando Álvarez, de SOS Courel 
Organizada por: ADEGA, AMAL, Clube Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Fusquenlla, Comité pola Defensa das Rías Altas, Cordenada 00°00'00" Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Guerrilleiros d'As Fragas, Grupo Naturalista Hábitat, Lapis Verdes, Blogue Lapis Verdes, Néboa Medio Ambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, SGHN.
__________

domingo, 7 de novembro de 2010

Pico Vello: A Xunta de Galicia omitiu información na Declaración de Impacto Ambiental

Oito meses despois da publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de explotación mineiro en Pico Vello (As Pontes), a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está a modificala co obxectivo, segundo afirma este organismo, de “incluir as prescricións necesarias para garantir a correcta avaliación dos efectos da explotación sobre os aspectos plantexados no recurso de reposición presentado ante a Consellería de Economía e Industria”.

Esta revisión vén motivada polas denuncias de diferentes colectivos ecoloxistas nas que poñemos de manifesto que as valoracións de impacto ambiental fanse unicamente sobre unha das dúas cuncas fluviais afectadas realmente, a do río Eume, excluíndo a cunca do río Belelle.

Se ben podería tratarse dun “erro técnico”, aínda que iso non resta gravidade, un informe de Augas de Galicia do que tivemos coñecemento en días recentes e que foi elaborado en xuño de 2008 para o Informe de Impacto Ambiental, sinalaba xa entón que a explotación mineira si afectará ao nacemento do río Belelle (nese tramo chamado “Rego Cernadas”) e será o “que mayor afección va a sufrir dado que (…) se estima que alrededor de unos 400 m de cauce de arroyo van a desaparecer”.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental non só ignorou este informe de Augas de Galicia, senón tamén as alegacións dos colectivos ecoloxistas que en 2007 advertiamos da desaparición de parte do nacemento do río Belelle no caso de autorizarse a explotación mineira.

Descoñecemos o motivo polo que a Secretaría omitiu a información recollida en dito informe de Augas de Galicia e deu publicidade a unha DIA neglixente e cun contido “falso”.

Máis información: 691 527 277

Verdegaia
ferrol@verdegaia.org
http://www.verdegaia.org
__________

Informes que achega Fernando Rodríguez Lamela frlamela@yahoo.es, o 6 de Novembro de 2010, que recibeu de Antonio García sobre o escrito do secretario Xeral da Calidade e Avaliación Ambiental para a Fiscalía.


__________________________

terça-feira, 21 de setembro de 2010

A ReVolta Ciclista - Loitas en Altatensión queren saber da loita de Pico Vello

O 7 de Xullo deste ano, 2010, andivo por acá a Bicicaravana en Defensa da Terra que participaban nunha protesta contra dunha instalción da Shell na Irlanda, no condado de Mayo. Esta xente veu coñecer tamén a problemática ambiental da Galiza, entre as que estaba o asunto da pretendida explotación dunha mina de andalucita na Fraga do Pico Vello.

A empresa Picobello Andalucita S.L. pretende escavar unha mina que provocará un dano irreparábel á Fraga do Pico Vello e ás Fragas do Eume.

Fan un pequeno documentario intercalando a paisaxe do lugar e unha mina a ceo aberto, eo principal cunha entrevista ao compañeiro Nês.



A ReVolta Ciclista - Loitas en Altatensión
Fonte: http://revueltaciclistaaltatension.blip.tv/

A ReVolta a Irlanda: bicicaravana en defensa da Terra
http://www.inventati.org/bicilab/
__________

terça-feira, 17 de agosto de 2010

De Pontedeume ás Pontes por terras liberadas...da mina de andalucita

Por Marcos Loureiro Díaz [*]


É de sobra coñecido que a dominación económica da nosa nación por parte do Estado Español pode adoptar diversas formas en función de cal lle achegue maior beneficio. Mais no que se refire á obtención de recursos do noso medio sempre se repite un mesmo esquema: a depredación, a espoliación e a explotación.

Imos amosar como se efectiviza este esquema na comarca do Eume coa mina de andalucita coa que a administración ten o detalle de nos "agasallar". Cómpre que comecemos lembrando que a explotación promovida por Picobello Andalucita S.L., de capital británico e surafricano, fora rexeitada pola anterior Xunta (que non era nin moito menos fiábel en cuestións ambientais como ben sabe o río Eume) polos impactos que suporía no Parque Natural das Fragas do Eume. Agora, logo de modificacións "cosméticas" e lavados de cara varios, volve a vaca ao millo.


A actual administración aprobou a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina a ceo aberto que degradará aínda máis as maltreitas Fragas do Eume afectando, así, á contorna do monte Fontardión, no alto Belelle, que é unha zona ben conservada hábitat de especies protexidas como a tartaraña cincenta ou o bufo real (só 10 parellas na Galiza) e que debería funcionar como corredor ecolóxico entre o LIC Xubia-Castro e o Parque Natural do Eume. A explotación fica uns metros fóra destes espazos mais os impactos (arrastres, perda e degradación dos hábitats, desfeita paisaxística) non entenden de fronteiras administrativas. E todo para que o mineral, utilizado na fabricación de tixolos, vaia fóra do país, ao estilo dun neocolonialismo "anglo-boer".

Xa no ano 2007 se fixera sentir na comarca do eume a sonora oposición ao proxecto de mina de andalucita promovido pola empresa Picobello Andalucita S.L. no Concello das Pontes por supoñer a destrución do nacemento do Río Belelle e afectar gravemente ao Parque Natural das Fragas do Eume. Por iso, o que non era lóxico e normal no ano 2007 non pode selo agora no ano 2010.

O documento en si está cheo de erros e incongruencias, e ademais sorprende que despois de ser rexeitado pola anterior Consellería de Medio Ambiente (insisto, nada amigábel co noso medio), agora se lle pretenda dar luz verde ao proxecto sen que sufrise modificacións significativas. Aplica nesta cuestión o PP o mesmo principio que fixo co noso idioma "eu teño a maioría absoluta e dáme igual se vós a razón" para así favorecer os intereses privados dos promotores da explotación, pasando por riba da lexislación ambiental: tanto da galega coma da estatal.

Este proxecto afectaría moi negativamente á cantidade e á calidade das augas bombeadas do río Belelle na estación de captación feita polo Concello da Capela, a moi pouca distancia augas abaixo da localización da citada mina, para abastecer de auga potábel a todo o Concello da Capela e á parte alta dos Concellos de Fene e Cabanas. Hai que lembrar que tamén os concellos de Neda e Ferrol abastécense da agua procedente do Belelle.

Por outra banda, a zona afectada é refuxio dunha flora e fauna de grande riqueza. Así, nas beiras do rego Cernadas, apréciase a presenza do felgo Dryopteris aemula (especie que figura como vulnerábel no Catálogo de Especies Ameazadas de Galiza), así como especies de liques do xénero Usnea, indicadores de boa saúde atmosférica.

Tamén resulta digno de ter en conta, desde o punto de vista da conservación, que o Monte Fontardión, a cuxo pé se atopa a zona que se pretende explotar, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural das Fragas do Eume e o L.I.C. Xubia-Castro, condición que desaparecería de levarse a cabo a explotación. Por outra banda, o espazo previsto como entulleira sitúase xusto sobre o rego Manciñeira, tributario do Eume, o cal supón un deterioro tamén da súa cabeceira e un perigo constante para a calidade das augas, tanto por emisións de pó e de lixiviados, como pola posibilidade de rotura das balsas de decantación.

Semella que neste caso a administración "galega", colocamos galega entre aspas por dubidarmos de que alguén que sexa merecente de tal denominadición queira contribuír á destrución ambiental da súa nación, está máis preocupada de garantir os intereses económicos dos promotores da mina que de atender ás súas obrigas legais de protección do medio ambiente.

Así, servíndome dos versos dun dos nosos poetas nacionais que sentía nel a paisaxe do Courel, todos e todas nós queremos ir de Pontedeume ás Pontes por terras liberadas...da mina de andalucita.

Publicado no Terra e Tempo - 25.06.2020

[*] Marcos Loureiro Díaz, lé licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña. Milita no nacionalismo desde moi novo. É militante de varias organizacións do nacionalismo como a Unión da Mocidade Galega (UMG) e Galiza Nova onde é o Vicerresponsábel Comarcal de Ferrolterra. Asemade, leva cinco anos nos CAF, Comités, onde desempeñou varias responsabilidades. Na actualidade é o Responsábel Nacional dos Comités.
__________

segunda-feira, 9 de agosto de 2010

Publicamos un video realizado por Xavier Brisset, sobre O Pico Vello

Trata-se dun video de pouco máis de 6 minutos, realizado no transcurso do Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello do pasado 15 de Maio, onde participaron máis dun cento de persoas. O traballo, realizado por "8mares" -Xavier Brisset, amosa-nos uns detalles do espazo natural que a explotación mineira de Picobello Andalucita SL, de levar-se adiante, sen dúvida destruiría. Varios protagonista da marcha explican-nos, con claridade, o especial do espazo que se quere protexer e das nefastas consecuencias dunha explotación mineira no Pico Vello a poucos metros das Fragas do Eume.


Roteiro do Pico Vello | 8mares
Cargado por 8mares. - Videos web independentes.

Fonte: http://www.dailymotion.com/video/xdrxme_roteiro-do-pico-vello-8mares_creation

Realizado por:
Xavier Brisset Martín
____________________________

quinta-feira, 15 de julho de 2010

Unha mina ao descuberto ameaza Pico Vello

O xornal estatal de actualidade crítica "Diagonal", publica no número 130 da súa edición en papel impreso, e na edición dixital na rede, un interesante artigo sobre a ameaza da explotación mineira na Fraga d'O pico Vello. A continuación transcribimos o citado artigo.

Diagonal

GALIZA // OS ECOLOXISTAS LEVAN Á FISCALÍA O ESTUDO DE IMPACTO
Guadalupe Rodríguez (Salva a Selva) / A Coruña

Xoves, 15 de xullo de 2010

O interese de investidores británicos e surafricanos en extraer andalucita, un mineral utilizado na construción, está detrás deste plan, que ameaza a contorna das Fragas do Eume.


En Pico Vello existen un bosque e prados que albergan numerosas especies de flora e fauna, con alto interese biolóxico e catalogadas como vulnerables. Pico Vello está situado na parroquia de Goente d'As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e a concesión mineira limita co Parque Natural das Fragas do Eume. O proxecto implica a contaminación e a diminución da cantidade e calidade das augas dos ríos Maciñeira e Belelle, que abastecen a parte da poboación local. Estes ríos poderían ata chegar a desaparecer. Outro motivo para a preocupación é a desaparición do monte Fontardión, a cuxo pé atopa-se a zona que se pretende explotar, e que constitúe un corredor ecolóxico.

O obxectivo do proxecto mineiro é extraer 26 millóns de toneladas de andalucita nos próximos 50 anos. Este é un mineral resistente a altas temperaturas que se utiliza, entre outras cousas, na construción de fornos industriais para a química, siderúrxica ou metalúrgica. As críticas ao proxecto, ademais das súas posibles consecuencias sociais e ambientais, derivan do Estudo de Impacto Ambiental elaborado pola administración xa que non recolle todos os efectos adversos da mina. Máis dunha ducia de grupos ecoloxistas e veciñais, entre os que están a Federación Ecoloxista Galega, a Agrupaçom de Montanha Águas Limpas ou Salva la Selva denuncian, así mesmo, que Pico Vello quedou incomprensiblemente fóra dunha proposta de Ampliación de la Red Natura 2000.

Calquera proxecto mineiro ao descuberto ten un grande impacto sobre as áreas lindeiras e a contorna humana, a nivel ambiental, social e cultural, moitos deles moi difíciles de prever.

Capital surafricano

A principal interesada en explotar este xacemento é a multinacional Picobello Andalucita, S.L., unha empresa coruñesa constituída no ano 2000 con financiamento surafricano e británica. Os distintos grupos ecoloxistas denuncian que a empresa e non a rexión serían as beneficiarias do proxecto. Para as organizacións ecoloxistas, os postos de traballo que crearía, que segundo informacións contraditorias oscilan entre 20 e 200, non xustifican tal impacto.

Estas organizacións expresan a súa máis absoluta oposición á minería, e as súas esixencias van dirixidas a que se suspenda o proxecto, e que a zona de Pico Vello sexa declarada Espazo Natural Protexido ou que se inclúa no Parque Natural das Fragas do Eume. Xa foi presentada unha denuncia ante a Fiscalía polos grupos ecoloxistas polo proceder irregular da Administración no que se refire ao contido do Estudo de Impacto Ambiental do proxecto mineiro. Alegan que o estudo do proxecto ten escandalosas omisións, como non detallar os auténticos impactos do proxecto sobre o Parque Natural das Fragas do Eume. Quen elaboraron ese Estudo de Impacto Ambiental non se refiren ás ameazas aos ríos, a pesar de que isto é obrigatorio por lei. Ademais, as sucesivas versións do proxecto mineiro non emendaron os erros e incongruencias da primeira versión, senón que foron reducindo a extensión orixinal da explotación ata os 277.016 metros cadrados.

Pola contra, a solución que atopou a empresa foi excluír as Fragas do Eume da área do proxecto e establecer unha zona de amortiguamiento ou franxa de "seguridade" duns escasos 50 metros e, despois, argumentar que isto é "ambientalmente viable".

O proceder da Xunta podería explicarse á vista das presións dos donos da concesión mineira, quen en boca do seu representante Gwendoline Holliday declararon á prensa que "os investidores estanse cansando". Isto parece dar un impulso aos trámites, que se aceleraron a favor dos empresarios e en detrimento do medio ambiente e a poboación.

O bosque desanimado
A política autonómica vén ignorando desde fai décadas na práctica a importancia da conservación dos bosques autóctonos. Penetrarse na paisaxe galega é hoxe contemplar o "deserto verde" de eucalipto e piñeiro, mentres do tradicional "bosque animado" galego case só queda a inmortalización feita pola literatura. Cicais como mecanismo para conter a súa desaparición total, algunhas áreas naturais de Galicia integran a Rede Natura 2000, unha figura de conservación que se estableceu a nivel europeo. Mais a protección das áreas naturais non é realmente intocable para a administración. Permítense canteiras, piscifactorías ou parques eólicos dentro da Rede, para o que non se dubida en quitarlle e engadirlle partes a capricho, para dar cabida a eses "desenvolvementos".

Fonte: diagonalperiodico.net
________________

terça-feira, 6 de julho de 2010

A Bicicaravana en Defensa da Terra vai estar no Pico Vello este Xoves 7 de Xullo de 2010

CHAMADA PARA PARTICIPAR

Visita a Pico Velho

Bom serám gente, para esta quarta feira, dia 7 de julho, imos ter umha visita em Pico Velho, venhem uns companheir@s de Espanha e algúm galego que estám a participar numha protesta contra dumha instalçom da Shell na Irlanda, no condado de Mayo e querem conhecer a problemática ambiental de Galiza e concretamente o caso da mina de andalucita, mando-vos a ligaçom à sua página para que conhezades esta experiência: www.inventati.org/bicilab. Saem de As Pontes para Pico Velho o dia 7 às seis da tarde e chegarám arredor das sete menos um quarto, eu vou-nos acompanhar neste tramo, mas era bem que vinhera mais alguém, aliás em Pico Velho podia-mo-lhes fazer um recebimento e dar-lhes umha explicaçom do projecto mineiro como das actividades que estamos desenvolvendo. Mandade aviso a ver se juntamos um bom grupo.

Vemo-nos quarta dia 7.

Nês

Enviado por :
Ernesto Lopes Dias Nes
-lodergz@gmail.com-
4 de julho de 2010 21:24

Bicicletada en defensa da terra!!!

Outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético: Desde o 7 ao 10 de Xullo unha bicicaravana reivindicativa percorrerá anosa Comarca

[Clicar acima do cartaz para ampliar e poder acceder ao programa de actos]

Bicicletada en defensa da terra!!!

A caravana que partira en maio de Madrid a Irlanda para protestar contra o gaseoducto experimental de alta presión que a Shell quere facer pasar por unha reserva da biosfera no noroeste de Irlanda xa está de volta e chegará á nosa comarca a partires do 7 de Xullo. No seu percorrido reivindicativo foron moitois os lugares nos que activistas en bici sumáronse para loitar e reivindicar outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético e industrial que non sexa destrutivo, que respete o medio e que sexa xusto e posible. Un modelo de decrecemento e desindustrialización que restaure con urxencia o necasario equilibrio que nos reconcilie coa natureza da que foemamos parte.

É o momento agora de que nos sumemos á marcha na nosa comarca para chamar a atención sobre os moitos problemas que nos afectan. Como o da mina de andalucita que se pretende instalar na zona de Goente poñendo en perigo a riqueza e biodiversidade das fragas do Eume, os distintos puntos negros de contaminación, recheos e desfeitas na ría de Ferrol e a perigosa barbarie que supón a instalación da planta regasificadora de Reganosa.

Desde UL facemos un chamamento a apoiar esta marcha nas distintas etapas e días que percorrerá a comarca participando nos roteiros programados, nas charlas e na festa reivindicativa que faremos en Mugardos. E tempo de berrar e de pedalear!!!

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
5 de julho de 2010 09:21
____________________

Enlace relacionado:

A noticia en Vieiros:

Biciraravana [antipetroleira] na Ferrol Terra
"E tempo de berrar e pedalear!!!"
Desde esta cuarta feira até o sábado, un roteiro ciclista que estivo o último mes por Irlanda percorrerá a zona para denunciar as moitas ameazas ambientais na comarca. [+info]
______________________

De Pontedeume ás Pontes por terras liberadas ... da mina de andalucita

A explotación promovida por Picobello Andalucita S.L., de capital británico e surafricano, fora rexeitada pola anterior Xunta


Por Marcos Loureiro Díaz

É de sobra coñecido que a dominación económica da nosa nación por parte do Estado Español pode adoptar diversas formas en función de cal lle achegue maior beneficio. Mais no que se refire á obtención de recursos do noso medio sempre se repite un mesmo esquema: a depredación, a espoliación e a explotación.

Imos amosar como se efectiviza este esquema na comarca do Eume coa mina de andalucita coa que a administración ten o detalle de nos "agasallar". Cómpre que comecemos lembrando que a explotación promovida por Picobello Andalucita S.L., de capital británico e surafricano, fora rexeitada pola anterior Xunta (que non era nin moito menos fiábel en cuestións ambientais como ben sabe o río Eume) polos impactos que suporía no Parque Natural das Fragas do Eume. Agora, logo de modificacións "cosméticas" e lavados de cara varios, volve a vaca ao millo.

A actual administración aprobou a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina a ceo aberto que degradará aínda máis as maltreitas Fragas do Eume afectando, así, á contorna do monte Fontardión, no alto Belelle, que é unha zona ben conservada hábitat de especies protexidas como a tartaraña cincenta ou o bufo real (só 10 parellas na Galiza) e que debería funcionar como corredor ecolóxico entre o LIC Xubia-Castro e o Parque Natural do Eume. A explotación fica uns metros fóra destes espazos mais os impactos (arrastres, perda e degradación dos hábitats, desfeita paisaxística) non entenden de fronteiras administrativas. E todo para que o mineral, utilizado na fabricación de tixolos, vaia fóra do país, ao estilo dun neocolonialismo "anglo-boer".

Xa no ano 2007 se fixera sentir na comarca do eume a sonora oposición ao proxecto de mina de andalucita promovido pola empresa Picobello Andalucita S.L. no Concello das Pontes por supoñer a destrución do nacemento do Río Belelle e afectar gravemente ao Parque Natural das Fragas do Eume. Por iso, o que non era lóxico e normal no ano 2007 non pode selo agora no ano 2010.

O documento en si está cheo de erros e incongruencias, e ademais sorprende que despois de ser rexeitado pola anterior Consellería de Medio Ambiente (insisto, nada amigábel co noso medio), agora se lle pretenda dar luz verde ao proxecto sen que sufrise modificacións significativas. Aplica nesta cuestión o PP o mesmo principio que fixo co noso idioma "eu teño a maioría absoluta e dáme igual se vós a razón" para así favorecer os intereses privados dos promotores da explotación, pasando por riba da lexislación ambiental: tanto da galega coma da estatal.

Este proxecto afectaría moi negativamente á cantidade e á calidade das augas bombeadas do río Belelle na estación de captación feita polo Concello da Capela, a moi pouca distancia augas abaixo da localización da citada mina, para abastecer de auga potábel a todo o Concello da Capela e á parte alta dos Concellos de Fene e Cabanas. Hai que lembrar que tamén os concellos de Neda e Ferrol abastécense da agua procedente do Belelle.

Por outra banda, a zona afectada é refuxio dunha flora e fauna de grande riqueza. Así, nas beiras do rego Cernadas, apréciase a presenza do felgo Dryopteris aemula (especie que figura como vulnerábel no Catálogo de Especies Ameazadas de Galiza), así como especies de liques do xénero Usnea, indicadores de boa saúde atmosférica.

Tamén resulta digno de ter en conta, desde o punto de vista da conservación, que o Monte Fontardión, a cuxo pé se atopa a zona que se pretende explotar, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural das Fragas do Eume e o L.I.C. Xubia-Castro, condición que desaparecería de levarse a cabo a explotación. Por outra banda, o espazo previsto como entulleira sitúase xusto sobre o rego Manciñeira, tributario do Eume, o cal supón un deterioro tamén da súa cabeceira e un perigo constante para a calidade das augas, tanto por emisións de pó e de lixiviados, como pola posibilidade de rotura das balsas de decantación.

Semella que neste caso a administración "galega", colocamos galega entre aspas por dubidarmos de que alguén que sexa merecente de tal denominadición queira contribuír á destrución ambiental da súa nación, está máis preocupada de garantir os intereses económicos dos promotores da mina que de atender ás súas obrigas legais de protección do medio ambiente.

Así, servíndome dos versos dun dos nosos poetas nacionais que sentía nel a paisaxe do Courel, todos e todas nós queremos ir de Pontedeume ás Pontes por terras liberadas ... da mina de andalucita.

Publicado en Terra e Tempo -21.06.2010-
_____________

sexta-feira, 18 de junho de 2010

Radio Cerna fala sobre o proxecto mineiro de "Picobello Andalucita"

Radio Cerna [*], a radio de ADEGA, realizou un programa especial sobre o proxecto mineiro de "Picobello Andalucita". Belén Rodríguez presenta o programa onde sintetiza todo o proceso que pretende a explotación mineira na Fraga d'O Pico Vello e nas inmediacións do PN das Fragas do Eume. No transcurso do programa radiofónico realizan-se entrevistas aos compañeiros Ernesto Lópes e Antom Marcal, e á compañeira Mónica Arto. O programa xa foi emitido o 18 de Maio de 2010, mais polo seu interese facilitamos o audio do mesmo que se pode escoitar en formato mp3.

Audio en formato mp3:
A Xunta de Galicia facilita a explotación mineira a ceo aberto a "Picobello Andalucita, SL" na Fraga d'O Pico Vello e a 50 metros do PN das Fragas do Eume

Información baseada na enviada por:
Ernesto Lopes Dias Nes
-lodergz@gmail.com-
17 de junho de 2010 00:32

_______________________

[*] Radio-CERNA está na rede!
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Pretende ser un produto comunicativo de difusión gratuíta que aproveita as novas tecnoloxías para formecer de formación e información sobre o ambiente no noso país.

Para contactar:
radiocerna@adega.info

Para acceder a radio Cerna:
http://adega.info/info/090121joomla/radio-cerna
___________________________________

O profesor Mario Valdivieso menciona O Pico Vello na presentación do seu Estudo sobre os muiños de auga do Río Belelle

O profesor, escritor, historiador e investigador Mario Valdivieso Mateo, estivo en Neda o pasado 14 de Xuño, para presentar un traballo sobre os muíños de auga do Río Belelle. Dentro do percorrido do estudo feito falou sobre O Pico Vello , o Cernadas e o impacto ambiental que tería o proxecto mineiro de "Picobello Andalucita" no deterioro do Espazo Natural e o Río.

Radiofusión publicou na súa web o artigo que trascrivimos a continuación e o audio da entrevista que se lle fixo na radio que podes escoitar online ou baixa-lo.



Os centurións do río Belelle

O profesor Mario Valdivieso presentou onte este traballo no polideportivo de Neda

Os muíños son construccións antigas de carácter laboral que empregan a forza da auga do río para moer o gran. Construíronse a base de cachotería e perpiaño de forma rectangular ou cadrada, xeralmente de pequeñas dimensións. A maioría dos ríos galegos contan ao longo do seu percorrido con moitas destas construccións tradicionais que forman parte de nosa identidade. O río Belelle posúe unha das rutas con máis interese arquitectónico e paisaxístico da comarca de Ferrolterra. Hoxe, cubertos moitos por hedras e silvas, fálannos dun pasado que se vai e un presente que os enterra.

O muíño do Picovello, perto do nacemento do Belelle, abre o roteiro turístico por esta senda da arquitectura tradicional galega. Baixando atopamos, nunha zona caracterizada pola súa beleza, o da Cernada, un muíño de cubo que logo transformaron de presa para acadar máis presión no rodicio. No da Carraola, narra o profesor Mario Valdivieso quen traballou nesta recompìlación dos muíños de auga do Belelle, unha muiñeira morreu ao caerlle a presa enriba polas fortes choivas e partir deste tráxico suceso deixou de funcionar. Caracterízase pola ausencia de inferno, polo que é o único da contorna do Belelle que non ten acceso ao exterior.

[Visitando un Muiño no rego Cernadas
O Pico Vello, 15 de Xullo de 2007

Foto de Miguel Ángel Fernández]

Continuando río abaixo atopamos o do Ribeirón e o da Pinguela. Este último debe o seu nome ao escaso caudal co que contaba. Atópase entre A Capela e o lugar dos Calzados. Na postguerra o Mazicos de Mugardos, foi capturado no muíño do Salgado. Destaca pola perfección na construcción das súas paredes. O avó de todos eles, é o do Ameneiro que se remonta a mediados do século XVIII, de tamaño pequeno e coas pedras ao ar, como era costume naqueles tempos.

Máis muíños vixían o transcorrir do río Belelle. O de Fornelos, o do Cacarelo, no lugar de Xaxén, onde destaca a caixa de protección da fariña, o agora restaurado muíño do Barreiro, o único do Belelle con vivenda superior e do Carregado mantido polo regato do Teixeiro. Xa no Concello de Neda permanece en pé o de Fraguela e o de Canido.

Os muíños foron vitais na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas. Forman parte da paisaxe e da historia, da cultura popular, recollida no folclore e da literatura. Costumes que se están perdendo igual que os muíños, substituídos progresivamente polos eléctricos. Estas construccións considéranse de interese etnográfico, debendo entre todos fomentar a súa restauración. O muíño en Galicia foi e é moito máis que un método para obter fariña. É arquitectura, é tecnoloxía, é historia, é literatura, é paisaxe...é unha marabillosa herdanza e unha das nosas sinais de identidade.

Publicado en Radiofusión o 15 de Xuño de 2010

Fonte: http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=6622

Escoita en formato mp3:
Fragmento da charla de Mario Valdivieso recollida por Radiofusión

Información baseada na enviada por:
Ernesto Lopes Dias Nes
lodergz@gmail.com
15 de junho de 2010 23:41

___________________

quinta-feira, 10 de junho de 2010

Carta de Greenpeace ao Conselleiro do Medio Rural, da Xunta de Galicia, Samuel Juárez Casado

Carta de Greenpeace ao Conselleiro do Medio Rural, da Xunta de Galicia, Samuel Juárez Casado, remitida tamén a Valentín González Formoso, Alcalde d'As Pontes e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

A través desta carta quero compartir a miña preocupación cos grupos ecoloxistas galegos ante a recente aprobación da Declaración de Impacto Ambiental para o proxecto de explotación mineira da concesión Sonsolves IV 6156.1, na Parroquia de Goente, concello de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Picobello Andalucita, S.L.

O xacemento está na zona do Pico Vello, lindante co Parque Natural Fragas do Eume, e constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico como os queirugais húmidos atlánticos de clima temperado, considerados como hábitat prioritario, é dicir, en perigo de desaparición, segundo a Directiva Hábitats do Consello da Unión Europea. Tan só unha zona próxima a Pico Vello está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura 2000, sendo esta a principal rede ecolóxica a nivel europeo baseada na conservación da biodiversidade e que otorga unha figura de protección a aqueles territorios onde existan hábitats de interese comunitario.

O monte Fontardión, ao pé do cal se atopa Pico Vello, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...).

Non hai que esquecer que o proxecto afectaría tamén ó Parque Natural Fragas do Eume, dado que a entulleira situaríase xusto sobre rego Maciñeira, afluente do río Eume, principal cauce que percorre o Parque Natural, o que suporía unha grave contaminación, por lixiviacións, escorreduras, etc. No informe de avaliación ambiental non se detallan as repercusións negativas derivadas da execución do proxecto sobre o Parque Natural situado a tan só 50 metros de distancia da zona da extracción; entendemos que a franxa de amortecemento non é abondo para librarlo das afeccións causadas pola contaminación da mina.

Autorizar esta explotación provocaría tamén a eliminación definitiva e irreversible dunha das fontes principais do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra a unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol. A valoración do Impacto Ambiental faise unicamente sobre unha das dúas bacías fluviais afectadas, a do río Eume, omitindo expresamente a afección á bacía do río Belelle. Dicimos “expresamente” pola razón de aparecer encadrado o Rego Cernadas na bacía do Río Eume e non na cunca do Río Belelle, como corresponde coa realidade. Debido a esta omisión, enténdese claramente porque non se fai un balance axeitado sobre as afeccións a esta bacía.

Súmome, por todo o dito, ao rexeitamente público manifestado por diferentes colectivos sociais e concellos afectados, que ven en perigo a captación de auga para abastecemento das poboacións, ademais de non atopar ningún beneficio económico na posta en marcha dun proxecto de forte impacto na contorna. Apoio o rexeitamento expresado polos grupos ecoloxistas galegos ante un proxecto de explotación que suporía a destrucción da fraga de Pico Vello, o nacemento do Río Belelle e afectaría gravemente ao Parque Natural Fragas do Eume. Os responsables públicos deberían invalidar a declaración de Impacto Ambiental, dadas as eivas atopadas na mesma. Por último, esixo aos diferentes órgaos da Adminsitración Pública o respeto da lexislación vixente e un compromiso claro coa salvagarda da contorna, en detrimento de intereses particulares e transitorios como é a mina de andalucita no lugar de Pico Vello, favorecendo modelos económicos sustentables e respetuosos social e ambientalmente.

Espero unha rápida e eficaz resposta de súa parte ás preocupacións e esixencias expostas nesta carta.

Moi atentamente,

Miguel Ángel Soto Caba
Responsable da Campaña de Bosques e Clima
Greenpeace España. C/ San Bernardo 107 , 1º
E-28015 Madrid
Tel+34 91 444 14 00 - Fax+34 91 447 15 98

___________

REDUCE O CONSUMO DE PAPEL
http://www.shrinkpaper.org/

Greenpeace é unha organización política e económicamente independiente. Colabora e faite soci@.

www.greenpeace.es

Enviada por:
Miguel Angel Soto
masoto@greenpeace.org
8 de junho de 2010 16:00

____________________

quarta-feira, 9 de junho de 2010

Unha ciberacción en defensa da Fraga d'O Pico Vello, promovida por "Salva a Selva"

SOS para os bosques galegos: Non á mina en Pico Vello

Estimadas amigas e amigos de Salva a Selva:

Outra vez os nosos ollos diríxense ao noroeste español, a Galicia, e indignámonos polo que está sucedendo alá.

Unha explotación mineira ao descuberto ocupará 277.016 metros cadrados nos límites das Fragas do Eume, o Parque Natural máis singular da Europa atlántica e unha das xoias forestais ibéricas. 'Fraga' significa 'bosque' en lingua galega, e alude á masa forestal atlántica primitiva, formada por carballos, bidueiros, avellanos e acivros. A biodiversidade, así como as augas e a saúde da poboación ven seriamente ameazadas.

Escribe hoxe mesmo ás autoridades responsables expresando a túa indignación e solicitando que deteñan xa mesmo o proxecto. Entra hoxe mesmo a:

http://www.salvalaselva.org

e asina o modelo de carta que preparamos xunto coas organizacións ecoloxistas galegas, e que se envía automaticamente ás autoridades responsables. Axúdanos a difundir esta mensaxe o máis amplamente posible entre os teus amigos, familiares e compañeiros de traballo. Moitas grazas e un afectuoso saúdo.

Guadalupe Rodríguez
Salva a Selva
http://www.salvalaselva.org

Pon un banner de Salva a Selva na túa web o blog:
http://www.salvalaselva.org/banner.php
Síguenos en Facebook:
http://www.facebook.com/salvalaselva

Enviada por:
monica arto blanco
primumverum@yahoo.es
8 de junho de 2010 09:56

___________________

domingo, 23 de maio de 2010

A mina: Historia dunha Montaña Sagrada

A historia

Os dongria kondh son un dos pobos indíxenas máis remotos da India. Viven nos outeiros de Niyamgiri, no estado de Orissa, e veneran unha montaña como a un deus.

Mentres Vedanta Resources, unha empresa con sede en Londres, prepárase para destruír os seus bosques e a súa montaña sacra co fin de construír unha enorme mina ao descuberto, o novo documental de Survival pregúntase?


Fonte: http://www.survival.es/peliculas/lamina

Survival
O movimento polos pobos indíxenas

Enviado por:
Xosé Antón Marcal Carracedo
-trevincantom@gmail.com-
Júlio Saiáns
-jssaians@hotmail.com-
22 de maio de 2010 17:15

_________________________

terça-feira, 18 de maio de 2010

Galería de Xoán Porto: Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello - 15 de Maio de 2010

Goente - As Pontes, 15 de Maio de 2010

Xoán Porto amosa-nos unha excelente Galería Fotográfica do Roteiro deste Sábado 15 de Maio de 2010, realmente é unha reportaxen fotográfica que recolle o acto e o lugar en toda a súa inmensidade. Amosa-nos detalles de lecer, reivindicativos, formativos, paisaxísticos, ... Agasalla-nos unha mostra fotográfica do Museo Etnográfico d'A Capela. Son realmente 120 instantáneas con moita beleza e contido.

[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería]

Galería de Diapositivos en alta resolución

Fonte: Galería de Xoán Porto

Feed

AtribuiçãoNão-comercial - Nenhum trabalho derivado Algúns direitos reservados
______________________

Enlace relacionado:

Video Libertario do Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello, deste 15 de Maio de 2010
_________________________